martes, 5 de maio de 2020

DEBERES DE INGLÉS DO 5 AO 8 DE MAIO

 PARA TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA

Bos días, os deberes de Inglés son os seguintes:

A) Imos utilizar un diagrama de Venn e a nosa cabeciña.
Pásovos un para que sepades como é, aparece máis abaixo, pero podedes buscar outro ou debuxalo vós mesmos, se o preferides; seguro que vos sae ben bonitiño.
Debedes poñer no círculo da esquerda:
Palabras en inglés que fagan referencia só a xente xoven (ex.: Fast). Entre 3 e 5.
Debedes poñer no círculo da dereita:
Palabras en inglés que fagan referencia só a xente anciana (ex.: slow). Entre 3 e 5.
Debedes poñer no medio, onde os dous círculos tócanse:
Palabras en inglés que fagan referencia a cousas que podan referirse tanto a xente xoven coma a xente anciana (ex.: Wear glasses, pois tanto un neno coma un avó poden necesitar gafas). Entre 3 e 5.
Podedes utilizar o libro como axuda.

B) Debedes pensar ou buscar (no libro, por exemplo):
3 palabras que teñan dúas letras.
3 palabras que teñan tres letras.
3 palabras que teñan catro letras.
3 palabras que teñan cinco ou seis letras.
Cando as teñades debedes escribir tres frases que teñan sentido (poden ser curtas) utilizando palabras das que escolléchedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

No blog da Biblioteca atoparedes recomendacións de lecturas interesantes. Podedes acceder directamente a través da seguinte ligazón: http:/...