venres, 19 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

No blog da Biblioteca atoparedes recomendacións de lecturas interesantes. Podedes acceder directamente a través da seguinte ligazón:

http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/06/boas-vacacions-non-deixedes-de-sonar.html

E nesta outra tedes unha sorpresa que estamos seguras de que vos vai gustar moito.

http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/06/telefidalgo-presenta.html

Moitos parabéns a todos e todas por un traballo tan ben feito e... NUNCA DEIXEDES DE SOÑAR!

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Estimadas familias:

As vacacións de verán son un período de descanso necesario para todos e todas, especialmente para os que traballaron moito durante todo o curso. Cando se consegue un bo rendemento académico non é necesario realizar un traballo de repaso durante o verán. Aínda así, é posible que nalgún momento se poida aproveitar o tempo de lecer para facer algunha lectura ou para practicar algún dos contidos aprendidos. Por iso, nos imos permitir facerlles algunhas recomendacións:

ñ  Sempre é importante a lectura. Nestas idades, unha vez adquiridas as destrezas básicas, unha lectura pode ser unha boa maneira de ocupar o tempo libre. Os libros deben ser axeitados á idade do lector. Temos que intentar que os nenos e nenas se acostumen a ler non só narrativa, senón tamén poesía, teatro, libros de divulgación ou consulta, revistas, xornais e todo tipo de textos, tanto en galego como en castelán, xa que ao rematar esta etapa educativa deberán dominar as dúas linguas.

ñ  Para practicar a escritura podemos propoñerlles a elaboración dun diario persoal onde vaian anotando o que fan nestas vacacións. É suficiente con tres ou catro frases por día. Poden aproveitar calquera libreta que teñan para facelo. Deberán poñer a data de cada día que escriban. Tamén é boa idea, se van a algún sitio fóra, que escriban cartas ou postais.

ñ  No caso de querer practicar todos os días algo do traballado durante o curso, non é necesario dedicarlle moito tempo. É mellor variar o tipo de materia ou de exercicios. Deste xeito, pódese combinar algo de cálculo, con algo de linguas. De matemáticas, non podemos esquecernos das táboas de multiplicar. Máis abaixo, tedes algúns exemplos de actividades por se vos apetece repasar.

Desexamos que pasedes un bo verán!

Coidádevos moito! Ata setembro!








ACTIVIDADES DE REPASO PARA O VERÁN

DESCARGAR

FORMAMOS EQUIPO


AS PITAS BAIXO A CHOIVA POLOS FEDELLEIR@S



FEDELLEIR@S EN ACCIÓN  💓💓💓💓💓


RECORDANDO CARVALHO CALERO
LETRAS GALEGAS 2020


GRAZAS AOS FEDELLEIR@S DE TERCEIRO E CUARTO 💗💗💗

UN POEMA DE RICARDO CARVALHO CALERO

Recitado por MATEO

martes, 16 de xuño de 2020

Deberes de INGLÉS 3.º PRIMARIA Data: 16-06-2020

Bos días, esta semana:

A) Imos facer, para empezar, un sudoku. O obxectivo xa sabedes cal é, non si?; o que ocorre neste caso e que, en vez de encher os ocos con números debedes facelo cas palabras que vos dou (relacionadas cas prendas de vestir), de forma que ninguna se repita en ninguna fila e tampouco nas columnas. Moita sorte!.

B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, unha para repasar o  verbo LIKE (que rixe –ing no verbo que o sigue) e outra sobre os alimentos.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

No blog da Biblioteca atoparedes recomendacións de lecturas interesantes. Podedes acceder directamente a través da seguinte ligazón: http:/...