As vacacións de verán
son un período de descanso necesario para todos e todas, especialmente para os que
traballaron moito durante todo o curso. Cando se consegue un bo rendemento
académico non é necesario realizar un traballo de repaso durante o verán. Aínda
así, é posible que nalgún momento se poida aproveitar o tempo de lecer para
facer algunha lectura ou para practicar algún dos contidos aprendidos. Por iso, nos
imos permitir facerlles algunhas recomendacións:
ñ
Sempre é importante a lectura. Nestas idades, unha vez
adquiridas as destrezas básicas, unha lectura pode ser unha boa maneira de
ocupar o tempo libre. Os libros deben ser axeitados á idade do lector. Temos
que intentar que os nenos e nenas se acostumen a ler non só narrativa, senón
tamén poesía, teatro, libros de divulgación ou consulta, revistas, xornais e
todo tipo de textos, tanto en galego como en castelán, xa que ao rematar esta
etapa educativa deberán dominar as dúas linguas.
ñ
Para practicar a escritura podemos propoñerlles a
elaboración dun diario persoal onde vaian anotando o que fan nestas
vacacións. É suficiente con tres ou catro frases por día. Poden aproveitar
calquera libreta que teñan para facelo. Deberán poñer a data de cada día que
escriban. Tamén é boa idea, se van a algún sitio fóra, que escriban cartas ou
postais.
ñ
No caso de querer practicar todos os días algo do
traballado durante o curso, non é necesario dedicarlle moito tempo. É mellor
variar o tipo de materia ou de exercicios. Deste xeito, pódese combinar algo de
cálculo, con algo de linguas. De matemáticas, non podemos esquecernos das táboas
de multiplicar. Máis abaixo, tedes algúns exemplos de actividades por se vos apetece repasar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario