O próximo domingo, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas. Como sabedes, este ano dedícaselle a Ricardo Carvalho Calero. Para recordar a este escritor, que traballou tanto pola lingua e a literatura galega, ao longo desta semana imos realizar diversas actividades. A maioría das que vos vaiamos propoñendo estarán sacadas da guía didáctica que elaboramos no noso cole xunto coa exposición de carteis gañadores na convocatoria de Educación Primaria.
Para coñecelo mellor, a primeira tarefa que vos indicamos é que leades con moita atención a biografía que atoparedes máis abaixo (páxinas 5 e 6). A continuación, tedes os exercicios que faredes no caderno (páxina 16). Aínda que teñen o título de 3.º, son para o alumnado de 3.º e 4.º). Despois, animámosvos a que debuxedes a súa caricatura.
Deixámosvos aquí de modelo a que lle fixo o seu amigo Luís Seoane, pintor e tamén escritor. Ao final das actividades atoparédela en tamaño folio, podédela pintar utilizando diferentes cores. Se nos enviades fotografías das caricaturas realizadas ou pintadas por vós, publicarémolas todas no blog e poderedes ver as dos vosos compañeiros e compañeiras. Sodes uns artistazos, seguro que nos queda unha exposición ben bonita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario