luns, 18 de maio de 2020

DEBERES DE INGLÉS PARA 3.º EP 18-05-2020

Bos días:
A) Imos facer un collage, que consiste en coller unha foto (mellor en color) dunha revista ou periódico, por exemplo, e engadirlle a cara, os brazos, pernas, etc…ou calquera outro detalle (un gorro, gafas, unha ferramenta…) doutra persoa para facelo gracioso; tamén podedes poñerlle a vosa cara cunha foto tipo carnet, se queredes. Podedes colgalas na blog cando rematedes e, canto máis ridícula, mellor.
Logo, a parte de inglés consiste en escribir información básica sobre a persoa, criatura ou mounstro que creáchedes.
Para iso usaremos as frases básicas do outro día.
Por exemplo, podedes inventar un nome e poñer:
Hello, my name is Frankristopher, I´m ten years old, I´m short and I like cars…
Debedes escribir, mínimo, catro frases curtas e, coma sempre, se necesitades axuda primero pensade ben o que queredes decir, confiade en vós e usade a cabeciña  e máis o dicionario ou o tradutor, se é necesario.
A ver quen fai o ser máis divertido, vale?.
Ao final vos mando varios exemplos, espero que vos gusten:

B) Ademáis debedes facer as dúas fichas que vos envío, ben sinxelas (unha delas é, precisamente, para repasar a información que debedes usar no collage).

Non esquezades que tedes acceso os libros dixitais, onde podedes facer as actividades que queirades e que inclúen as respostas para que poidades comprobar os resultados.
Xa aceptei a aqueles de vós que se apuntaron, pero cabemos todos!.
E non deixedes de visitar as páxinas dos xogos, que algún de vós xa me enviou algún vídeo xogando e, desde logo, ben divertido é…

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

No blog da Biblioteca atoparedes recomendacións de lecturas interesantes. Podedes acceder directamente a través da seguinte ligazón: http:/...