luns, 6 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE INGLÉS DE 4º PARA SEMANA SANTA

CUARTO NIVEL
Os deberes para esta semana son os seguintes:
A) Do pdf ¨reinforcement and extension¨ (xa no blog) debedes facer a páxina 10 da seguinte maneira:
Ex. 1: poñedes o nome da tarefa do fogar que corresponde no crucigrama e tentades descubrir a palabra secreta (en vertical).
Ex. 2: respondedes as preguntas afirmativa ou negativamente mirando antes os debuxos. 
B)    O documento word que envío é de repaso da Unit 3: podedes facelo directamente no PC, sen imprimilo (algúns inclúen axuda ó final da páxina).
 C)    O documento pdf que envío, chamado ´Cutout´ é similar ou igual que o que tedes o final do voso Activity Book, pero non todos o tedes na casa, por iso o envío. É algo máis divertido e debedes facer o seguinte:
Poñer o nome das cousas e os adornos que vimos na unidade 3 (necklace, belt…) no debuxo da tenda que aparece. Se tedes con quen xogar podedes preguntar ´Whose is this…?´ mirando os debuxos das páxinas dos personaxes de abaixo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

No blog da Biblioteca atoparedes recomendacións de lecturas interesantes. Podedes acceder directamente a través da seguinte ligazón: http:/...