luns, 6 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE INGLÉS DE 3º PARA SEMANA SANTA


TERCEIRO NIVEL
Os deberes para esta semana son os seguintes:
A) Do pdf ¨reinforcement and extension¨ (xa no blog) debedes facer a páxina 10 da seguinte maneira:
Ex. 1: poñedes o nome da actividade de lecer que corresponde Baixo cada debuxo.
Ex. 2: ordenades as preguntas mirando antes os debuxos e logo os unides con liñas.
B)    O documento word que envío é de repaso da Unit 3: podedes facelo directamente no PC, sen imprimilo (algúns inclúen axuda ó final da páxina).
C)    O documento pdf que envío, chamado ´Cutout´ é similar ou igual que o que tedes o final do voso Activity Book, pero non todos o tedes na casa, por iso o envío. É algo máis divertido e debedes facer o seguinte:
Poñer o nome dos ingredientes da Unit 3 (sweetcorn, Peppers…) e facer algunha frase afirmativa (I´ve got some…) e negativa (I haven´t got any…). Se tedes con quen xogar podedes usar as frases falando entre vós.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

No blog da Biblioteca atoparedes recomendacións de lecturas interesantes. Podedes acceder directamente a través da seguinte ligazón: http:/...