luns, 25 de maio de 2020

DEBERES DE INGLÉS PARA CUARTO NIVEL 25/05/2020

Bo día:
A) Imos xogar os 8 erros, que consiste en buscar as diferenzas entre os dous debuxos que vos envío.
Logo, a parte de inglés consiste en escribir as diferenzas de forma básica, tal e como vos indico nos exemplos.
A forma de expresar as diferenzas pode ser esta:
Singular:
In picture 1 there is a house, but in picture 2 there is a car ( ´there is´ úsase para unha cousa, en singular).
A frase significa Na foto 1 hai unha casa, pero na foto 2 hai un coche.
Plural:
In picture 1 there are houses, but in picture 2 there are cars ( ´there are´ úsase para máis dunha cousa, en plural).
A frase significa Na foto 1 hai casas, pero na foto 2 hai coches.
Debedes escribir, mínimo, catro diferenzas e, coma sempre, se necesitades axuda primero pensade ben o que queredes dicir, confiade en vós e usade a cabeciña  e mais o dicionario ou o tradutor, se é necesario.
Logo, para facelo máis divertido, podedes facer vós mesmos 2 debuxos case idénticos, pero con algunhas diferenzas para que outros poidan buscalas. O número de diferenzas no voso debuxo decidídelo vós…

B) Ademais debedes facer as dúas fichas que vos envío, unha sobre o verbo Can e outra sobre a familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

No blog da Biblioteca atoparedes recomendacións de lecturas interesantes. Podedes acceder directamente a través da seguinte ligazón: http:/...