23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Hoxe 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. A orixe desta celebración está na data de falecemento de dous importantes escritores: Miguel de Cervantes e Shakespeare. Esta conmemoración propúxose en Cataluña, coincidindo co día de San Jorge. É unha tradición agasallar neste día un libro e unha rosa.
Aquí tedes un vídeo para que recordedes algunhas das lecturas compartidas no cole e para que os vosos compañeiros e compañeiras poidan ver algunhas das lecturas do confinamento. Podedes velo pinchando na seguinte ligazón: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/
Feliz Día do Libro e boas lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario